ARQUEOLOXÍA (Neiras)

NEOLÍTICO
A pena do Marco Longo


Mide a pedra 1´76 m. de longo, presentando unha tendencia estilizada con coviñas aliñadas, sucos e un círculo prepucial na parte superior que lle confire un aspecto fálico. A pena servía de límite entre as parroquias de Refoxo, Neiras, Canaval e Mañente (Pantón), asegurando algúns veciños ser marco divisorio entre a casa dos Andrade coa de Tor ou da Bastida. A pedra foi atopada nunha canle de regadío, e o arqueólogo que supervisaba as obras do desterre para un paso sobre a vía do tren no traxecto Monforte–Canaval, decidiu, para protexela, levala ao Museo Provincial, onde se atopa depositada.



CASTREXO
A Roda

 
Castro de pequeno tamaño moi deteriorado polas intensas labouras agrícolas.



A Roda do Castro (parroquia de Gundivós, domina o val de Neiras).


Foi moi alterado por labouras agrícolas, mais apréciase perfectamente a planta circular deste  asentamento, con terraplén. Nunha cota inferior, unha terraza aproveita unha nova superficie, asentándose sobre un importante terraplén.

Sem comentários: